27 ago. 2022 XIX TORNEO DE PALAS PRAIA CONCELLO DE BAIONA

Salida Desde Hasta Precio

INSCRICIONS
  • Debes cubrir a túa folla de inscrición e o teu xustificante de pago envialos/entregalos no Pavillón Municipal de Baiona en horario de 8:00h a 14:00h e 18:00 a 23:00h (luns e venres) ou a través do email deportes@baiona.gal. O número de prazas é limitado sendo por rigorosa orde de inscrición.
  • Para formalizar a túa inscrición deberás contactar coa organización TLF 986 35 65 58 / deportes@baiona.gal, para concretar que aínda tes prazas dispoñibles. Debes enviar a folla de inscrición cuberta e o xustificante do pago, dita achega destinarase ao Club de Tenis Baiona.
  • O prezo do torneo é de 6€ por equipo. O importe irá destinado para axudar os voluntarios da organización do torneo (árbitros e club de tenis Baiona)
  • Todos os equipos participantes recibirán camisetas conmemorativas, bocadillo no descanso matutino e bebida.
  • O pago poderá formalizarse directamente no Pavillón Municipal de Deportes en metálico, con tarxeta de crédito ou realizando unha transferencia ao nº de conta A Caixa ES95 2100 1821 6602 0018 2423.
  • Existe límite de prazas, tendo preferencia por orde de inscrición. Para participar é obrigatorio ter máis de 14 anos (2008).
  • Os equipos poderán estar constituídos por tres compoñentes, podendo ser mixtas e tendo un dous seus membros de reserva que poderá entrar a xogar se sustitúe a outro membro do equipo.